quarta-feira, outubro 12, 2005

Caspa3

Alguén se decatou de que o sábado Antena3 enlazou o partido da selección con "Torrente, el brazo tonto de la ley"? Curioso. O que xa mosquea é que estean anunciando o partido de hoxe co eslógan "ahora a por San Marino". Como se tivese algún tipo de mérito ou dificultade marcarlle catro goles ao combinado dunha minúscula república de 27.000 habitantes.

Que se pode esperar dunha cadea cuxa información deportiva só fala do Real Madrid? Dos que teñen a Matías Prats fillo pronunciando enfaticamente "Ibarretxe ha presentado su plan separatista", coa mesma voz coa que o seu pai cantaba o gol de Marcelino contra a Rusia comunista?

Ademais, pásaronse moito cos anuncios en "Ás dúas torres". E iso xa é realmente grave.

3 Comments:

Blogger zenone said...

¿A que te refires coas dúas torres? ¿Ao de facer un anuncio enn plan Paixón de gaviáns?

A min paréceme o epítome das postmodernidades.

Beeeeeeeeeeeeeeeee

5:06 PM  
Blogger O Nadador said...

Non foron 4 que foron 6 e falan tanto do Madriz porque é o mellor clube de tódolos tempos habidos e por haber coa súa estrela o habilidoso Raúl á fronte.

6:21 PM  
Blogger Elric said...

Non cheguei a velo, pero debeu ser moi bo

6:22 PM  

Postar um comentário

<< Home