Volver
They sentenced me to twenty years of boredom
for trying to change the system from within
Leonard Cohen, First we take Manhattan, then we take Berlin
for trying to change the system from within
Leonard Cohen, First we take Manhattan, then we take Berlin
Poida que este blog teña demasiados posts autorreferenciais. Así que por un máis non pasa nada. A longa ausencia de actualizacións debeuse á incapacidade de cumprir dous compromisos. O primeiro, o de continuar as historias de bohemia urbana. Parece ser que non quedaron de todo mal as dúas que fixen, pero non me atopo por agora moi capaz de continualas. Quedaran logo aprazadas sen data.
O segundo compromiso era o de deixar de escribir de política, xa que ese é agora o meu traballo. Pero parece un propósito absurdo, cando morren 25 inmigrantes tentando chegar ás Canarias mentres nós falamos de prazos para o AVE e de mochilas azuis -xa sei que sona demagóxico, pero é certo-. Así que tamén incumprirei esa parte, intentando por suposto non converter isto nunha subdelegación dun gabinete de prensa.
E por suposto, pido desculpas ao nadador por non telo felicitado polo aniversario do seu excelente blog. E a aqui por non ter ido á presentación do seu libro, nacido na rede.

7 Comments:
... con la frente marchita, las nieves del tiempo, platearon mi sien..
...Volveré a las noches sin dormir
y las noches sin pensar,
y las noches sin soñar,
y las noches sin sentir...
Aprecio máis que foses ao aniversario do autor da súa moi exclusiva celebración.
Perdoámosche o silenzo, mentres non cales para sempre...
¿Demasiado ocupado estas semanas co messenger? (maldade benintencionada, non malinterpretar)
Entre outras cousas, si
ums
agradécese que renoves de cando en vez a bitácora, home. Somos morbosos, e as noticias vellas enbarolan máis rápido que este pan industrial que fan agora, e que á noite é máis duro que un penedo...
acabo de re-atopar este blog de casualidade, tanto tempo despois. ó fin vexo que pasache ó inimigo, introducíndote de pleno no lado escuro (a actividade política)...longa noite de pedra... non pasa nada. o sistema devóranos aínda que non queramos, maldita hidra de dúas testas. nin hristos da vitoria nin centros comerciais portuarios nin metro soterrado... nada ó que prenderse...strawberry fields forever... ben, comprometome a botarlle un ollo de cando en vez.
Postar um comentário
<< Home