Teenage riot : O botellón

...que eu traio unha borracheira de viño,
que auga non bebo.
Mira, mira Maruxiña;
mira, mira, como eu veño.
O andar miudiño. Canción popular galega
que auga non bebo.
Mira, mira Maruxiña;
mira, mira, como eu veño.
O andar miudiño. Canción popular galega
O botellón non é un problema social, nen tampouco necesariamente un síntoma dunha sociedade enferma. De ser síntoma de algo, seríao da hipocresía dominante entre a xeración que agora está instalada no poder.
E é que nun país onde o 80% da poboación consume alcohol e hai unha festas do viño en cada vila, resulta absurdo pretender que hai un grave problema social porque os adolescentes e mozos tamén beban. Un amigo meu sostén que a cuestión é que "se lles vexa como beben", polo que chegamos ao absurdo de que tomar unha cervexa nun parque ás 12 da noite parece máis perigoso que meterse unhas raias de coca ou tomar unha pastilla nunha macrodiscoteca ás 7 da mañá.
De feito, se o miramos sen preconceptos, resulta que hai cousas positivas no botellón. En primeiro lugar, significa unha pequena rebelión contra a "privatización do ocio", xa que implica reapropiarse dos espazos públicos para o disfrute dos cidadáns -ou acaso os mozos non somos cidadáns-. E tampouco é certo que o botellón implique gregarismo e evasión da realidade. Ou acaso non resulta moito máis fácil falar de política nun parque que nun bar onde a música non te deixa escoitar as conversas?
Claro que todo o discurso "antibotellón" parte dunha premisa falsa establecida pola xeración dos nosos pais, hexemónica no goberno e na creación de pensamento: "nós cando eramos mozos pensabamos na revolución e tiñamos que estudar e traballar; a xuventude de agora só pensa en chuzarse". Pois non. Como afirmou Afonso Eiré nun artigo n'A Nosa Terra: "os mozos de antes bebían máis, eran máis violentos e conducían máis borrachos". Claro que hai cousas que se esquecen con máis facilidades ca outras.

3 Comments:
¡Certamente! A memoria é selectiva, e as críticas simplistas son moi doadas de facer...
Con todo, o tema do botellón merecería unha sisuda serie de preguntas, reflexións e debates que ninguén parece disposto a facer. Sempre será máis doado acudir a respostas cómodas e tradicionais, anque estén tan gastadas de circular que non se recoñece ao rei na moeda...
Hai cambios nos hábitos de bebida, sen que implique maior ou menor consumo. Tamén hai asimilación de patróns consumistas, ao tempo que rexeitamento, como dis, de certos espazos impostos...
Iso sí: os mozos de antes non pensaban tampouco en facer a revolución. Alomenos, case ningún dos maiores que coñezo...
Os que eu coñezo si. Mesmo os veciños pijos que levan o touro no coche e votan si á Constitución Europea -o paterfamilias militara en ERGA-.
Pero sobre iso haberá outro post
Falou un home!
Postar um comentário
<< Home